GALERÍA | A neve déixase ver nos puntos altos da Estrada

GALERÍA | A neve déixase ver nos puntos altos da Estrada

Durante a noite a cota podería chegar a baixar aos 400 metros, segundo MeteoGalicia

Pouco antes das 18.00 horas deste venres as folerpas comezaron a deixarse ver nos puntos altos da Estrada. A previsión, segundo MeteoGalicia, é que nas vindeiras horas esas nevaradas poidan rexistrarse en cotas a partir dos 400 metros, polo que se verían afectadas, especialmente, as parroquias do sur do concello.

De feito, a AEMET ten activo para este sábado un aviso amarelo por acumulacións de ata 2 centímetros en alturas superiores aos 500 metros.

Cómpre lembrar que o Concello esparexerá sal polas estradas de titularidade municipal, motivo polo que fixo acopio de grandes cantidades de sal e de maquinaria. Asemade, pediron colaboración cidadá, avisando a Emerxencias das zonas nas que hai placas de xeo.

Amais, para este sábado suspendeuse gran parte da axenda deportiva desta fin de semana por mor das nevaradas.

Comentarios

Deixar un comentario