Suspenden as clases do luns polo aviso vermello por chuvias

Suspenden as clases do luns polo aviso vermello por chuvias

Relacionado

A Comisión Escolar de Alertas decretou a suspensión das clases e do transporte escolar  deste luns no Interior de Pontevedra por mor das intensas chuvias que se prevén desde as 8.00 horas desa xornada ata a medianoite.

No Interior de Pontevedra atópanse os concellos da Estrada, Cuntis, Forcarei, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Agolada, A Cañiza, Covelo, Dozón, Lalín, Moraña, Silleda, Campo Lameiro, Fornelos de Montes, Rodeiro e Vila de Cruces.

Cómpre lembrar que se vai activar un aviso vermello por acumulados de 120mm en 12 horas. Ademais, tamén se activarán dous avisos amarelos, un por acumulados de 15mm nunha hora e outro por refachos de 80km/h.

Máis info sobre os avisos en

Esta suspensión súmase á do pasado venres, nese caso polo aviso laranxa que se activou na zona do Interior de Pontevedra por acumulados de 5 centímetros de neve en cotas superiores aos 600 metros.

Comentarios

One response to “Suspenden as clases do luns polo aviso vermello por chuvias”

  1. Avatar de Envían un ES-ALERT polo risco de precipitacións intensas deste luns – Xornal da Estrada

Deixar un comentario