Este luns o concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, apelou á colaboración cidadá para poder garantir que se efectúe con normalidade a recollida de lixo. Durán comentou que os vehículos estacionados sen respectar a distancia de seguridade cos contedores ou, incluso, facendo contacto con eles, impide que o camión poida mobilizar os contedores co brazo recolector polo risco de ocasionar danos nos vehículos.
Ante esta situación, están contemplando reorganizar as illas de contedores de tal forma que os de vidro e papel queden nos extremos, pois neses casos a recollida faise mediante guindastres. Aínda así, en moitos casos non é factible.
Lembrou que, aínda que a recollida do contedor verde se fai a diario e a dos plásticos cada tres días, no caso de non poder efectuar a recollida e ao seguinte non se prestar o servizo, redúcese a capacidade de novos residuos que pode acoller o contedor.
Imaxe de portada: Coche aparcado preto dun contedor // Concello da Estrada

Deixar un comentario