Un accidente mortal no concello coruñés de Carballo rematou coa vida dun mozo de 19 anos. O mozo estaba entrando en Carballo pola estrada que ven de Coristanco cando, segundo o que todo indica, perdeu o control do seu coche nunha curva aberta sen dificultades para trazala. O coche, un Seat León, arrincou un sinal de tráfico e tirou un poste de teléfono.
Outro condutor que pasaba nese momento polo lugar do accidente foi o que avisou a emerxencias. Ata o lugar desprazouse un equipo sanitario, Garda Civil e os bombeiros de Carballo.
“Cando chegamos había só unha persoa, un vehículo involucrado cunha persoa dentro. Estaba atrapada. O médico fixo unha primeira valoración, pero para poder facer unha valoración máis completa tivémolo que sacar e xa certificou que a persoa estaba falecida. A verdade que moi atrapado non estaba, pero tivemos que sacar as dúas portas, porque o vehículo estaba totalmente envorcado”
María Jesús Vilariño Díaz, xefa de Parque de Bombeiros de Carballo
Tráfico investiga as causas do accidente e o cohe quedou esmagado.
Deixar un comentario