Conta atrás para o fin das máscaras. Onde teño que usala?

Conta atrás para o fin das máscaras. Onde teño que usala?

Ás 0.00h xa non é obrigatorio o uso da máscara en interiores. Aínda así, seguirá sendo obrigatoria en certos espazos: os centros sanitarios e sociosanitarios e o transporte público. Tamén se inclúen as farmacias, dentistas, oculistas… e os taxis e VTCs.

Pode obrigarme a miña empresa a empregala no traballo?

Si, o seu uso en espazos de traballo pode ser obrigatorio se así o considera a empresa.

E nos centros educativos?

O seu uso é recomendable nas aulas pero, segundo a Ministra de Sanidade, “nunca vai ser obrigatoria”.

E que pasa nos ximnasios?

Dependerá da decisión de dito espazo. Eles terán o poder de decidir se se empregará no seu interior ou non.

E unha tenda pode obrigarme a poñela?

Non. Nas tendas poderás entrar sen máscara sen problema.

E se son positivo?

En caso de ser positivo pídese sentido común e que se empregue a máscara e se manteña a distancia de seguridade.

Comentarios

Deixar un comentario