A Xunta de Galicia vai propoñer este xoves 5 de maio na mesa sectorial que o vindeiro curso escolar 2022-2023 comece en todas as etapas o 8 de setembro. Desta maneira, deixaríase de comezar en datas diferentes dependendo da etapa.
A Xunta di que este cambio realizaríase para “facilitar a conciliación laboral”. No documento remitido ás organizacións sindicais, a Xunta propón que as clases comecen o 8 de setembro (xoves) e rematen o 21 de xuño (mércores), exceptuando ás enainanzas de réxime especial que rematarían o 30 de xuño (venres). En segundo de bacharelato, as clases rematarían antes pola ABAU.
Os períodos estivais serían os seguintes:
- Nadal: Venres 23 de decembro – Domingo 8 de xañeiro.
- Entroido: Luns 21, martes 22 e mércores 23 de febreiro.
- Semana Santa: Sábado 1 de abril- Luns 10 de abril (incluído)
Ademais, a avaliación da terceira avaliación, previa á final, na ESO terá lugar a partir do 5 de xuño.


Deixar un comentario