Unha explosión no barrio de Salamanca deixou polo menos 18 feridos, 1 deles grave. A explosión producíuse sobre ás 11.30h no ático do número 35 da rúa General Pardiñas.
Hai 2 desaparecidos que se cree que están no patio do edificio no que hai 2 metros de cascallos. Unha persoa atópase en estado grave despois de saír voando ata o patio dun edificio. Ademais, hai outros 3 hospitalizados.

Os Bombeiros informaron de que hai risco de derrubamento polo que están apuntalando de maneira “urxente” o edificio.
A gran hipótese da explosión é que se produciu por un escape de gas.


Deixar un comentario