Xoves 12 de maio de 2022, día que pode ser clave nos vindeiros meses e anos. Hoxe Finlandia anunciou a súa intención de ingresar na OTAN. Só lles fai falla a aprobación do Parlamento e todo parece indicar que si que teñen o permiso dos grupos políticos. E da poboación. As últimas enquisas indican que o 66% dos cidadáns están a favor de ingresar na organización.
E cando xa teñan a aprobación, só lles queda realizar a solicitude e, despois, que a OTAN dea o aprobado. Algo que parece que vai pasar. Desta forma, Finlandia xa podería estar dentro da organización antes de final de ano.
Pero un dos catro veciños de Finlandia non está a favor diso. Sabes quen é? Si, Rusia. É máis, o Goberno dese país xa dixo que, se Finlandia se une á OTAN, tomarán medidas e que poñerán armas nucleares no mar Báltico. E é que, señoras e señores, tanto Finlandia como Suecia teñen un principio de neutralidade en decisións que teñan que ver con Rusia. Ou tiñan, porque Suecia tamén avisou de que decidirá, cando teña o seu informe de seguridade, se tamén solicita entrar na OTAN.

Deixar un comentario