Tal e como informou hoxe a Axancia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), durante esta semana produciráse a entrada dunha masa de aire cálido e moi seco, de orixe africana, que se intensificará durante a fin de semana e que ademais traerá pó en suspensión.
O mércores as temperaturas chegarán aos 35 graos no val do Ebro e no cadrante suroeste peninsular, chegando aos 37 graos no val do Guadalquivir. O xoves produciráse un ascenso xeralizado que provocará que se alcancen os 32 graos na meseta norte e en Mallorca.
Cando as temperaturas sexan máis altas será entre venres e domingo, especialmente o sábado cando as máximas chegarán aos 36 graos en amplas zonas do interior peninsular, aos 42 graos no val do Guadalquivir, e aos 40 no val do Ebro.
As mínimas tamén se situarán en valores excepcionais para a época do ano. No interior peninsular poden situarse nos 18 graos e, en Extremadura e Andalucía, poden roldar entre os 20 e os 24 graos.
O norte de Galicia e a área Cantábrica quedarán ao marxe desta situación. Canarias tampouco se verá afectada pola persistencia dos alisios.
As primeiras previsións indican que a partires de domingo comezará a remitir este episodio co achegamento dunha baixa atlántica que entrará polo oeste peninsular e deixará unha situación meteorolóxica inestable con chubascos.


Deixar un comentario