Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

Esta fin de semana haberá eventos en Aguións, A Estrada e Loimil.

Festas na honra a San Antón en Aguións

Cartel das festas

Aguións rinde homenaxe a San Antón. As festas comezarán hoxe cunha verbena a cargo de Os Players e París de Noia. Mañá ás 13.00h haberá unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións e a posterior procesión e sesión vermú a cargo da Charanga TNT. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Charanga TNT e das orquestras Olimpus e Satélites.

Rubín homenaxea a San Xosé

Mañá Rubín comezará as súas festas na honra a San Xosé cunha misa ás 13.00h coa posterior procesión e sesión vermú cun grupo de gaitas. Pola noite, o dúo Punto Zero e a orquestra Estrella Mar.

O domingo esta parroquia homenaxeará a San Campio cunha misa solemne a partir das 13.00h e a posterior sesión vermú coa Banda Cultural da Estrada.

A Estrada celebra a IX edición da Festa da Sidra con baloncesto

Este sábado A Estrada celebrará a IX edición da Feira da Sidra con degustacións de 12.00 a 15.30 e de 19.00 a 21.30h e coas actuacións da Roda e do grupo La Quinkillada.

Ademais, tanto sábado coma domingo celebraráse no pavillón Manuel Coto Ferreiro e nas pkstas de baloncesto do colexio de Figueiroa as fases finais autonómicas nas categorías minibasket e preminibasket de baloncesto.

Loimil celebra a Romaría de San Isidro e o vixésimo aniversario da festa do año ao espeto

Este domigo Loimil vestiráse coas súas mellores galas para celebrar a Romaría de San Isidro e a XX edición da Festa do Año ao Espeto. Os actos comezarán ás 13.30h cunha misa e a posterior Bendición do Agro. O pregón correrá a cargo de Xiana Lastra Pena, voz da Banda da Loba. A posterioiri xantaráse na Carballeira da Saleta de Loimil. O xantar estará amenizado por un grupo de gaiteiros e o grupo musical Sharky Show Music.

Comentarios

Deixar un comentario