Un dos escenarios que se estaba montando para o festival O Son do Camiño no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, viuse esta mañá abaixo deixando 6 feridos, 2 deles graves. Os feridos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago e “non se teme pola súa vida”
No lugar estaban traballando 20 persoas cando se “derrubou unha torre”. O derrubamento produciuse no escenario principal. Polo momento non está en cuestión a celebración do festival, pero todo queda en mans da xustiza, por se fose necesario manter inalterado o lugar.
O festival está previsto que se celebre entre o 16 e o 18 deste mes cun total de 40 actuacións entre as que están The Chemical Brothers, C. Tangana e Liam Gallagher.

Deixar un comentario