Chova ou faga sol, este ano as San Paio regresan ao que eran antes da pandemia, e o Concello está facendo todo o posible para manter todos os actos. Deste xeito, as actividades que onte se celebraban ao aire libre finalmente realizáronse en espazos pechados.
E hoxe é un dos días grandes das festas. As actividades comezarán co 3×3 de baloncesto que se celebrará no Coto Ferreiro. A música comezará a soar ás 11.00h coa Charanga Os Atrevidos e, unha hora despois (12.00h), a Banda de Gaitas de Barbude, Malante de Malpica e a Orquestra de Foles de Portugal realizarán un pasacalle.
Ás 13h haberá un pintacaras a cargo de @mepintakiki na Zona dos Viños e, na rúa Ulla, unha Sesión Vermú a cargo de Supermirafiori.
Pola tarde continuará o 3×3 de baloncesto e ás 16h daráse a saída do VIII Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada nos arredores do IES Manuel García Barros. Ás 18h osmciclistas regresarán ao punto de saída e a Charanga Os Atrevidos volverá a realizar un pasacalle.
Ás 19h os máis pequenos poderán desfrutar cos Bolechas na Praza do Mercado. Media hora máis tarde dará inicio o Festival de Música Tradicional no que actuarán a Banda de Gaitas de Barbude, Malante de Malpica e a Orquestra de Foles de Portugal.
Ás 20.30h haberá unha sesión DJ a cargo de I.T.Y.F b2b hortical na Zona dos Viños. Ás 21h, a Orquestra Galilea realizará o seu primeiro pase para darlle paso ás 22.30h á Gala Tequexetéldere XXX Aniversario xunto coa Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 23.30h volverá a actuar a Orquestra Galilea e, ás 24h, comezará o Start of Summer Festival con Henry Mendez, Groove Amigos, Carlos López, Zana, Pedro Rivis, Alex Brea, Xabi Villar e Iván Campos na Alameda.

Deixar un comentario