A Panorama porá punto e final ás festas de San Paio 2022 da Estrada

A Panorama porá punto e final ás festas de San Paio 2022 da Estrada

Día festivo na Estrada e tamén un tanto especial. Este ano as festas recuperáronse por completo e hoxe rematan.

A programación do día comeza ás 11 da mañá coa Festa da Bicicleta. Ás 12, a Banda de Música Municipal da Estrada realizará un pasacalle e, ás 13h, dará un concerto na Alameda.

Ás 18h haberá un pasacalle de Lume na Lareira. Ás 19h Lucía Azurmendi Grupo actuará na Praza do Mercado e, media hora despois (19.30h), comezará a representación teatral O Principiño, realizada pola Escola Municipal de Artes Escénicas no Teatro.

Ás 20h dará inicio a Misa Cantada pola Coral Polifónica Estradense. Despois será a procesión do Santísimo, que corre a cargo das Bandas de Música Municipal da Estrada e Militar da Brilat. A posteriori, haberá un desfile e un posterior concerto na Praza do Concello.

Ás 21h abrirán os polbeiros na Carballeira da Feira e ás 22.30h comezará o primeiro pase dunha das orquestras que máis veces visitou o concello nos últimos anos: a Panorama. Ás 00.30h desde a Cañoteira lanzaránse os fogos fin de festa e, á 1, a Panorama comezará o seu segundo pase para poñerlle broche final ás festas.

Comentarios

Deixar un comentario