O EDM Baloncesto A Estrada está preparado para facer historia. Tras varias semanas longas de duro traballo nos despachos, a directiva tomou a decisión de que este ano si que se aceptará a praza na Liga EBA. Na xornada de hoxe o equipo entregará o aval de 8.000 euros para pechar de forma definitiva o ascenso.
No económico necesitouse duplicar o presuposto para chegar aos 70.000 euros para cumprir cos requisitos en canto a arbitraxes, desprazamentos e demais. “Vamos a ter que traballar moito”, afirmou onte o director do clube, Alfonso Sanmartín, sobre esta exisencia. Ademais, contarán co apoio de Xunta, Deputación e Concello.
No deportivo o reto vai ser maior. Tras conseguir o ascenso, os xogadores pedíronlle á directiva o seu desexo de subir á Liga EBA, algo soñado despois de levar varias tempadas quedando nas posicións altas da táboa. Agora o equipo dará o salto a unha categoría na que esta tempada competiron equipos como o Gijón Basket, Ule Basket León e equipos galegos como o de Marín, Porriño e Silleda.
David González seguirá liderando o equipo xunto a Pinone. Sen embargo, non contarán co director deportivo, David Carballo, máis coñecido como Bilba, que decidiu dar un paso ao lado.
Na plantilla non se agardan grandes cambios, salvo algunha incorporación para reforzar posicións claves.


Deixar un comentario