Galicia está afrontando unha situación extraordinaria polos incendios forestais. A falta de medios provocou que arderan 85 vivendas na nosa comunidade.
Hoxe Orgullo Galego recolleu as palabras dun veciño de Xestoso do Lor, en Quiroga no que afirma que durante a tarde de onte a Garda Civil acudiu para evacualos. Esta aldea xa fora evacuada 3 noites antes pola dirección das lapas, que ameazaban a aldea.
“Hoxe o pobo enteiro negouse a irse. Querían defender as súas casas do lume”. Isto xustifícase porque “vimos como fai días arderon aldeas enteiras como Vilar do Courel sen ningún tipo de axuda para salvalas e non querían que isto se repetira aqui”.
A Garda Civil colleulle os datos a varios habitantes da aldea, que manifestan que, pese a que viviron varios incendios forestais, “nunca se tratou así á poboación”.

Deixar un comentario