O tempo para mañá, domingo 25 de setembro

O tempo na xornada do domingo virá marcado pola presenza do anticiclón sobre o Atlántico Norte e dunha valgada en capas altas da atmosfera sobre a península Ibérica. Esta configuración deixará ceos con alternancia de nubes e claros en xeral e chuvascos ocasionais no terzo norte que tenderán a remitir co avance da xornada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do norte e nordés, moderados en xeral, fortes pola tarde no litoral atlántico.

Comentarios

Deixar un comentario