Unha das cousas que habituamos a facer cando imos ir a un sitio é mirar as reseñas. E sempre cabe a posibilidade de atoparse con algunha máis que curiosa.
É o caso dunha sobre as Termas A Chavasqueira (Ourense). A opinión publicouse en TripAdvisor e recolleuna en Twitter a conta Fodechinchos en Galiza (@FodechinchosG). Nela podemos ler como unha madrileña di que lle gustou “que quentaran un pouco a auga” porque “ao estar no norte, isto tería que estar conxelado”.
Como era de agardar, as reaccións non se fixeron esperar e a xente cuestionou a intelixencia da internauta e tamén se bromeou con como se quenta a auga.
Tamén houbo quen bromeou coa reseña da Torre de Hércules na que se dicía que había que mirar a forma de quitar a néboa.


Deixar un comentario