Este venres Putin fai 70 anos e destaca unha das felicitacións que recibiu. O xefe da Igrexa Ortodoxa rusa, o patriarca Kirill, emitiu unha felicitación na que, segundo recolle a axencia AFP, dixo “Deus púxote no poder”. Ademais, onte o patriarca chamou aos rusos a rezar pola saúde do presidente.
O patriarca Kirill é un dos principais aliados de Putin. Desde o primeiro día apoiou a “operación especial” en Ucraína e dixo que todos os que se atopan no campo de batalla, “lavan todos os seus pecados”.
Desde que Putin chegou ao poder no ano 2000, a Igrexa recuperou moitas das propiedades expropiadas pola Unión Soviética.

Deixar un comentario