O 15 de outubro de 2017 o lume chegaba a Vigo cidade. Ringleiras de persoas axudaban con caldeiros na extinción das lapas dun incendio que calcinou 600 hectáreas de arboredo.
A mancomunidade de Valadares levaba 30 anos traballando para construir un anel verde de 50 quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no montte aquela noita e logo fuxir correndo das lapas.
No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter a man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.
Tamén gabou a xestións dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.
| GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER OS INCENDIOS FORESTAIS (artigo PHD) Un venres 13 de outubro no ano 2017 comezaba a última vaga de incendios de importancia. Ao mediodía do domingo 15 había 140 incendios activos (60 máis que a primeira hora). Producíronse cambios brusco do vento por culpa dos restos do furacán Ophelia. Os municipios máis afectados foron os de Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. O lume chegou á cidade de Vigo, onde os veciños fixeron cadeas humanas para parar os efectos do lume. Ademais houbo que despregar medios para evitar que entraran máis lumes desde Portugal. Na vaga de incendios faleceron 2 persoas en Chandebrito (Nigrán) intentado fuxir das lapas, outra en Vigo e unha última en Carballeda de Avia. Ler entrada completa |


Deixar un comentario