Armand, a primeira borrasca de alto impacto da tempada de borrascas: como vai ser o tempo mañá?

Armand, a primeira borrasca de alto impacto da tempada de borrascas: como vai ser o tempo mañá?

Armand é a primeira borrasca de alto impacto deste outono. A súa chegada está provocando un descenso das temperaturas no oeste e centro peninsular. A borrasca irá xerando frentes que deixarán chuvias sobre todo no noroeste e interior peninsular.

Mañá xoves a borrasca profundizaráse e achegaráse ao noroeste de Galicia, xerando alí un forte temporal marítimo con moi mala mar. A AEMET ten activos avisos laranxas por ventos de forza 8 e ondas de entre 5 e 6 metros.

O venres a borrasca alonxaráse cara o norte, pero iráse xerando un novo centro de baixas presións ao oeste da Península, sendo unha posible cicloxénese explosiva. Esta situación favorecerá a chegada dun río atmosférico que impactará de cheo no suroeste peninsular, podendo dar lugar a chuvias localmente fortes.

No que respecta a mañá en Galicia, prevense precipitacións xeralizadas con posibilidade de tormentas.

Comentarios

Deixar un comentario