Xa se coñecen os participantes do Benidorm Fest 2023

Xa se coñecen os participantes do Benidorm Fest 2023

O ano pasado estreouse o Benidorm Fest, un festival creado coa intención de elixir un candidato que nos leve á gloria en Eurovisión. Chanel, non exsenta de polémica, saíu como a opción gañadora e quedou terceira no festival eurovisivo.

Este ano volveráse celebrar o festival e onte RTVE anunciou aos 18 participantes.

Agoney

O artista canario ten unha das voces máis potentes e versátiles do panorama musical español.

E’FEMME

Despois das Tanxus chegan as E’FEMME. Música, voz, rap, danza, visuais, moda… a girlband intentará sorprender coa súa mestura de xéneros.

FUSA NOCTA

É a gran promesa feminina da escena urbana e este verán triunfou nos festivais de toda España.

Blanca Paloma

Cara coñecida do Benidorm Fest, volve presentarse coa intención de volver a chegar á final e esta vez ir a Eurovisión.

Aritz Aren

Comezou a súa carreira artística pero, lonxe de conformarse con iso, decidiu mostrar a súa vocación e talento como cantante.

Rakky Ripper

É unha das pioneiras do hyperpop en España. A súa música transgresora, irreverente e orixinal non deixarán indiferente a ninguén

Alfred García

Quen puidera imaxinar que volver a Alfred García en Eurovisión podería ser real.

Sofía Martín

A súa música está influenciada por unha mestura de ritmos latinoamericanos contemporáneos e ritmos electrónicos.

Alice Wonder

Irrumpiu con forza na escena musical mostrando unha gran madurez artística

Famous

Sabe o que é gañar un concurso, pois foi o gañador de Operación Triunfo. Será o gañador do Benidorm Fest?

Megara

Entre tanto solista haberá algunha banda. Como Megara, mestura de tenebrosidade, chucherías e fucsia.

Vicco

É unha das cantantes da música independente con maior proxección no noso país. É compositora, pianista e produtora musical.

Twin Melody

Para este Benidorm Fest, TikTok vai estar ardendo, pois entre os participantes están as Twin Melody, dúas xemelgas moi famosas na rede social.

José Otero

Formouse nunha das academias máis prestixiosas de Reino Unido e triunfou nun talent musical en México. Agora será o turno de triunfar en España?

Sharonne

É a raíña do Benidorm Fest. Esta drag queen promete traer un gran espectáculo coa súa voz.

Karmento

Podémola definir como a versión en solitario das Tanxugueiras, pois levará a Benidorm os sons folk e a música tradicional.

Siderland

O ano pasado quedaron ás portas de participar no Benidorm Fest, pero este ano conseguírono. Terá éxito a segunda oportunidade?

Este sábado RTVE emitirá en prime time un programa especial coa presentación oficial dos participantes. O programa será conducido polos galegos Julia Varela e Rodrigo Vázquez.

O 31 de xaneiro e o 2 de febreiro realizaránse as semifinais e, o 4 de febreiro, será a final.

Comentarios

Deixar un comentario