España impónse a Costa Rica na primeira parte

España impónse a Costa Rica na primeira parte

Tras quedar eliminados en oitavos hai 4 anos e gañar o Mundial hai 12, é momento de que a Selección vilva a facer historia e os seus primeiros 45 minutos de Mundial son envidiables: no minuto 11 Dani Olmo marcaba o primeiro gol, 10 minutos despois Marco Asensio anotou o segundo e, no minuto 31, Ferrán Torres marcou o terceiro de penalti.

Unha primeira parte de España que contrasta considerablemente coa de Costa Rica, que apenas se achegou á portería que defende Unai Simón.

Actualmente, España é a líder virtual do grupo E, no que Xapón dou a sorpresa ao gañarlle a Alemaña 1-2.

Comentarios

Deixar un comentario