Nas últimas semanas, a poboación china saíu á rúa protestando contra o goberno de Xi Jinping. Estas manifestacións prodúcense despois de que morreran 10 persoas no incendio dun edificio que estaba confinado. Os cidadáns culpan ás estrictas restriccións covid que continúa habendo no país como as culpables das mortes.
Os manifestantes portan folios brancos, pero que significan?
Os folios en branco convertíronse nunha forma de protesta contra a censura e a falta de liberdade de expresión. Así, no último ano puidemos velos en China, Rusia e Irán. Esta é unha forma pacífica de loitar contra réximes represivos e autoritarios, que limitan as liberdades dos cidadáns.
Esta tendencia comezou coas manifestacións de Hong Kong en 2020, na que os cidadáns sostiveron follas en branco para protestar contra as novas leis de seguridade nacional da cidade.
Nesa ocasión, as autoridades prohibiran consignas e frases asociadas co movemento de protesta masiva, polo que os protestantes sostiveron os xornais en alto.
O xesto das follas en branco non só é unha declaración contra o silenciamento, senón que tamén é un desafíomás autoridades, porque “vanme deter por un cartel no que non pon nada?”
Deixar un comentario