Parece unha utopía: o prezo da luz está en niveis de maio de 2021

Parece unha utopía: o prezo da luz está en niveis de maio de 2021

O prezo da luz, despois dun ano de prezos históricos, sitúase hoxe nos 22,3€ MWh. E non nos comimos ningunha cifra. E está tan barata que non se aplicará o mecanismo ibérico, xa que está por debaixo do límite de 40€/MWh.

Pero se comparamos o prezo de hoxe co de hai un ano chegan as sorpresas: hai un ano pagabamos pola luz 383€ MWh, 361€ máis que hoxe.

Renovables e calor, unha axuda

Segundo os datos que ofrece diariamente o Ministerio de Transición Ecolóxica, este venres a compensación ás gasísticas hoxe terá valor negativo: -1,2€. Esta cifra explícase poeque a renta de interconexión, que obtén España neste caso polas importacións de electricidade a Francia, supera o importe do axuste que cobran as centrais de gas.

OMIE

De acordo cos resultados da subasta que realiza todos os días o operador do mercado eléctrico designado na península, OMIE, o baixísimo prezo explícase porque apenas se empregará gas natural para xerar electricidade.

Exceptuando as primeiras horas da xornada, o uso de gas é nulo, pois empregaránse enerxías eólica e hidráulica, acompañadas da solar de 10 da mañá a 5 da tarde.

Comentarios

Deixar un comentario