Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.
A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.
Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.
De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.
A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.
A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.
Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.
Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.
Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico


Deixar un comentario