Edson Arantes do Nascimiento ‘Pelé’ morreu este 29 de decembro aos 82 anos de idade tras unha dura loita contra o cancro. Hai 1 mes fora ingresado tras presentar hinchazón xeralizada e ante a preocupación dos médicos, que remataron interrompendo o tratamento de quimioterapia ao non responder a el. Tras un mes ingresado, a súa saúde empeorou este Nadal e rematou falecendo.
O brasileiro foi diagnosticado con cancro de colon o pasado ano 2021 e, pouco despois, foi intervido cirúrxicamente para extirparlle o tumor. Sen embargo, a principios deste ano, os médicos confirmaron que a enfermidade estendérase e estaba sufrindo metástase en varios dos seus órganos.
O Rei naceu o 23 de outubro de 1940. Durante a súa carreira como futbolista marcou 767 goles en partidos oficiais, 1283 en toda a súa carreira en 1367 partidos, incluindo amistosos.
O único que gañou tres mundiais
En 21 anos como futbolista levantou 31 títulos, entre os que se inclúen 3 mundiais, 2 Copas Libertadores, dúas Copas Intercontinentais, unha Supercopa de Campións Internacionais e seis títulos nacionais co Santos e outro co Cosmos neorquino.
O seu último partido foi un Cosmos-Santos, no que xogou unha metade con cada equipo.

Deixar un comentario