PHDnoticias puxo hoxe en marcha a súa conta de Twitter e o seu primeiro tweet foi adicado á súa historia. Nel lembra como foi creado (por casualidade) hai máis dun ano, como independizou a súa web da do Planeta de Hoxe en Día e, como agora, fai o mesmo en Twitter.
Desde O Planeta de Hoxe en Día non tardaron en responder, dando a entender que era algo que había que facer.
Hai que lembrar que desde PHDnoticias xestionouse a cobertura especial de varios eventos deste ano como a guerra en Ucraína, a vaga de lumes deste verán ou a morte de Isabel II.


Deixar un comentario