O papa emérito Bieito XVI faleceu este sábado 31 de decembro aos 95 anos de idade, segundo comunicou a Santa Sede. Bautizado co nome de Joseph Ratzinger, chegou á cadeira de San Pedro o 19 de abril de 2005 como sucesor do papa San Xoán Pablo II. En 2013 presentou a súa dimisión como papa alegando motivos de saúde, sendo o primeiro en facelo en case 600 anos e o oitavo en toda a historia.
Os seus últimos anos de vida pasounos retirado no mosteiro vaticano de clausura “Master Ecclesiae”, onde se retirou poucos meses despois de dimitir. Segundo o seu secretario privado, o arzobispp Georg Gänswein, nos últimos anos o papa emérito era, físicamente, “unha candea que se apagaba lentamente”, pero estaba “moi lúcido”.

Deixar un comentario