REPOR| A guerra que non apagou a maxia do Nadal

REPOR| A guerra que non apagou a maxia do Nadal

Estamos nunha época de felicidade, maxia e luz. Pero en Ucraína tamén están en guerra. E Putin atacou as infraestruturas enerxéticas para que o país quedara sen luz e calefacción nunha época no que o duro inverno fai acto de presencia en Ucraína.

Pese a que hai poucas horas con electricidade en Kíiv, o Nadal non morreu. Na praza da catedral de Santa Sofía colocouse o que se chamou a Árbore de Nadal da Invencibilidade. Está decorado con pombas brancas de papel maché e unha franxa de luces azuis e amarelas e é alimentado por un xerador a diésel.

A árbore da invencibilidade, Kíiv

Este ano é escasa a decoración de Nadal, pero a que hai ten un toque patriótico co uso das cores azul e amarelo da bandeira ucraína.

A árbore de Nadal de Ivano-Frankivs é unha armazón metálica decorada con anxos e lemas patrióticos e das cidades recuperadas.

En Kropivnitski colocaron 12 pequenas árbores de Nadal en apoio ás cidades que máis sufriron. Entre elas atópanse Bucha e Mariupol.

Nicolaiev cubriu a súa estatua de San Nicolás con sacos de area e, por estas datas, cubrírona cunha malla de camuflaxe verde.

Khárkov non exhibe a tradicional árbore na praza central, senon nunha estación de metro na que se refuxia a poboación dos ataques de artillería. O alcalde da cidade dixo que mantería esta tradición incluso despois da guerra.

En Kíiv teñen unha árbore que se acende cando alguén pedalea nunha bicicleta.

Resumindo, o pobo ucraíno demostrou que, ata nos peores escenarios, o Nadal nunca perde a súa maxia.

Comentarios

Deixar un comentario