Mañá nevará en case toda Galicia

Mañá nevará en case toda Galicia

A entrada dunha masa de aire frío provocará que mañá as precipitacións que se rexistren sexan en forma de neve a partir dos 600 metros, aínda que pola tarde xa nevará a partir dos 300 metros. Ademais, as chuvias virán acompañadas de sarabia e aparato eléctrico.

O mércores continuará a cota baixa pero co paso das horas irá subindo progresivamente ata situarse nos 700 metros.

Xa o xoves agárdase a chegada dunha nova fronte que deixará chuvia principalmente a partir do mediodía e deixará de nevar pola tarde.

Mañá os avisos serán por vento na provincia da Coruña e interior de Lugo e Ourense; por nevaradas no interior e na Mariña, e por mar combinado en toda a costa.

Para mércores manteránse os avisos por neve e mar combinado.

Comentarios

Deixar un comentario