A borrasca Frien está deixando un temporal de vento, neve e mala mar en toda a comunidade. Ademais, o descenso da cota de neve previsto para esta tarde ata os 300 metros complicará a situación.
Directo
23.45| Así foi a xornada
23.43
21.33 Desde onte o 112 Galicia rexistrou 916 incidencias, a maioría por ramas e árbores caídas
21.32 Na Coruña as ondas superaron os 8 metros e, os refachos, os 100km/h.

18.57 Prohibido o paso de camións e articulados pola LU-540 entre os quilómetros 18 e 29 pola neve.
17.46 SUSPENDIDO O TRANSPORTE ESCOLAR PARA MAÑÁ EN 18 CENTROS EDUCATIVOS| 18 centros educativos da provincia de Lugo e Ourense non terán mañá transporte escolar. Ademais, a Xunta está pendente da situación no interior das 4 provincias por se o houbera que suspender tamén.
O servizo de transporte escolar nas zonas en aviso por neve xa foi suspendido para hoxe á tarde.
17.38 QUE FACER SE QUEDAMOS ATRAPADOS CO COHE NA NEVE?|
17.13 REBORDAMENTO DE RÍOS| Activouse o plan Inungal ante o risco de anegamentos nunha vintena de ríos.
Na provincia da Coruña son os ríos Mera (Ortigueira), Furelos (Santiso), Tambre (Oroso), Rego das Mestas (Valdoviño), Mandeo e Mendo (Betanzos), Xallas (Santa Comba) e Ulla (Santiso).
Na de Lugo son o Miño (Lugo), Ouro (Foz), Paga (Guitiriz), Ladra (Vilalba e Begonte) Cobo (Cervo), Labrada (Xermade) e Sor (O Vicedo).
En Ourense están dentro do plan Inungal o Miño (Ourense e A Peroxa), Sil (Barco de Valdeorras), Avia (Ribadavia) e Arnoia (Baños de Molgas).
Na provincia de Pontevedra só está o Lérez ao seu paso pola cidade.
17.11 O PEOR DO TEMPORAL ATÓPASE NA CORUÑA E EN HUESCA| Na costa da coruña permanece activo un aviso vermello por ondas que poden superar os 8 metros de altura. En Huesca as intensas nevaras obrigaron a activar o aviso vermello.
17.08 Mañá continuará nevando en cotas baixas do terzo norte peninsular.
17.05 A DXT informa de nevaradas na A-52 á altura do quilómetro 112 na Canda.
17.02 ÚLTIMA HORA| Desviado a Santiago de Compostela o voo Iberia IBE0524 entre Madrid e A Coruña por meteoroloxía adversa.
16.45 O REBORDAMENTO DO LADRA CAUSA GRAVES PROBLEMAS| O rebordamento do río Ladra en Begonte causou anegamentos que obrigaron a cortar a N-VI e o tráfico ferroviario entre Baamonde e Rábade. Ademais 7 persoas tiveron que ser rescatadas das súas casas.
16.42 Esta mañá produciuse un derrumbamento da estrada EP-0017 ao seu paso por Campañó (Pontevedra). Un coche que circulaba por esa estrada viuse afectado. O condutor do vehículo puido sair ileso.

16.34 ESTRADAS AFECTADAS POLO MAL TEMPO EN GALICIA|
A LU-P-5004 está cortada en ambos sentidos entre os puntos quilométricos 0 e 1 por anegamentos e 10,5 e 10,6 por avalanchas.
A LU-P-1611 está cortada en ambos sentidos entre os puntos quilométricos 8 e 8,1 por anegamentos.
A N-VI está cortada entre os quilómetros 523 e 526 por anegamentos. Na mesma zona, entre os quilómetros 0,2 e 0,8 está cortada a LU-P-0802.
A LU-161 permanece cortada entre os quilómetros 1,5 e 2 por anegamentos.
Hai circulación difícil na A-8 entre os quilómetros 536 e 552 polo vento.
16.28 COMEZAMOS A COBERTURA ESPECIAL| PHDnoticias realizará ao longo de toda a xornada unha cobertura especial desde a web e cun vídeo especial en YouTube.


Deixar un comentario