Que hai que facer se quedamos atrapados na neve co coche?

Que hai que facer se quedamos atrapados na neve co coche?

Ante xornadas de nevaradas como as que imos vivir hoxe é moi importante saber actuar en caso de quedar atrapados co coche. Para comezar, é recomendable evitar o uso do coche pero, se o temos que empregar, circula co depósito cheo e con cadeas e leva o móbil e o seu cargador e roupa de abrigo.

Se temos a mala sorte de quedar atrapados na neve é moi importante evitar baixar do vehículo e ter a calefacción acesa. Ademais, debemos manter o vehículo en marcha para evitar que se conxelen algúns elementos.

Recoméndase renovar o aire cada certo tempo con ventilacións breves, comprobar que o tubo de escape non estea bloqueado pola neve e manterse informado en todo momento.

Comentarios

Deixar un comentario