Nace a AE League, unha liga amateur de fútbol sala para rapaces de 14 a 18 anos

Nace a AE League, unha liga amateur de fútbol sala para rapaces de 14 a 18 anos

Naceu no concello da Estrada a AE League, unha competición amateur de fútbol sala. A competición durará 2 semanas e nela poderán participar rapaces nados entre o ano 2005 e o 2008.

Tal e como explican nas bases do torneo, seguiránse as normativas FIFA e RFEF, exceptuando algunhas normas. Cada equipo constará de 15 xogadores como máximo, dos cales só se poderán empregar 12 por partido como máximo.

Calendario

Na primeira semana do torneo xogaránse encontros entre todos os equipos e, na segunda, serán as fases eliminatorias nas que a clasificación será determinada por puntos.

Os partidos serán de 2 tempos de 20 minutos e 10 de descanso. Ademais, previo acordo dos adestradores, poderánse facer 2 minutos de descanso en cada parte.

Inscricións

As inscricións poden realizarse desde a ligazón dispoñible na descrición da conta de Instagram do torneo (@aeleague_oficial). É necesario entregar á organización a lista que indique os nome e DNI ou pasaporte dos xogadores.

Ademais, é necesario que os participantes dean o seu consentimento para que sexan gravados ou fotografiados.

A inscrición son 3 euros por participante.

Premios

O equipo gañador do torneo terá unha churrascada fixada segundo a preferencia dos gañadores e, o segundo e terceiro, un trofeo para todo o equipo.

Tamén haberá premio ao mellor xogador, mellor porteiro e  máximo goleador.

Comentarios

Deixar un comentario