A meteoroloxía volveu a xogar unha mala pasada no Gran Camiño coa suspensión do ascenso ao Alto de Santa Mariña (1ª categoría) polo descenso. Así, ás 13.50h daba inicio a terceira etapa entre Esgos e o Alto do Castelo (Rubiá).

Os ciclistas rodaban por Rubiá con moito ritmo para coller o cruce para subir o Alto do Castelo, un cruce no que a colocación era vital debido a que se pasaba dunha estrada provincial a un camiño rural. O pelotón comezou a estirarse e quedaron só en cabeza Jonas Vigegaard e Atila Valter (Jumbo Visma), Ruben Guerreiro (Movistar) e Ion Izaguirre (Cofidis). Valter deixou de tirar polo seu compañeiro e comezou o espectáculo: Vingegaard atacaba e deixaba atrás primeiro a Izaguirre e despois a Guerreiro.

Deste xeito o danés volvía a gañar neste Gran Camiño e o portugués Ruben Guerreiro quedaba segundo. O vasco Ion Izaguirre sufiu unha caída nun tramo de curvas cheo de lama e quedou máis atrás na clasificación da etapa.
Entre innovacións e emocións



Esta etapa foi pensada como unha homenaxe. A zona pola que transcurriron os últimos quilómetros foi vítima da última vaga de incendios en Galicia, máis concretamente pola zona afectada polo 2º incendio forestal máis grande na historia de Galicia. Durante a retransmisión da etapa combináronse as imaxes dos ciclistas subindo o último porto coas imaxes das zonas afectadas polos incendios. Chegamos a ver a Jonas Vingegaard rodando con zonas queimadas ao seu arredor.
E aquí chegou a innovación: por primeira vez empregouse un dron na retransmisión e puidemos estar máis preto que nunca dos ciclista e á vez da zona afectada polos lumes.
O remate dunha edición
Mañá celebraráse unha contra o reloxo entre Novo Milladoiro (Ames) e Santiago de Compostela na que se rematará de decidir esta segunda edición do Gran Camiño, aínda que todo apunta a que o actual líder, Jonas Vingegaard, será quen gañe a proba.


Deixar un comentario