A AE League, unha competición de futsal para os adolescentes da Estrada, anunciou que o torneo celebraráse do 12 ao 30 de xuño no Pavillón Manuel Coto Ferreiro. As inscricións realizadas anteriormente, e das que demos conta neste medio, non son válidas, dado que só se trataba dun sondeo.
Os equipos deben ter entre 7 e 15 xogadores, que deben ser nados entre 2004 e 2008. A inscrición realízase desde un formulario dispoñible nas súas redes sociais e, tras recibir a confirmación por parte da AE League vía teléfono ou vía correo electrónico, cada xogador deberá aboar 3,50€ para poder xogar.
O torneo só terá unha división na que se farán 4 grupos de 4 equipos que se sortearán unha semana antes do inicio da AE League. Só clasificarán os dous primeiros de cada grupo para a seguinte fase.
Imaxe: AE League


Deixar un comentario