FLASH PHDnoticias| 15 de marzo

Pánico financieiro: Credit Suisse desplómase en bolsa máis dun 20% e tería pedido apoio ao Banco Nacional de Suíza. Isto produciuse despois de que hai varios días o Silicon Valley Bank quebrara. As bolsas europeas caíron como efecto arrastre desta situación e os bancos españois cairon máis dun 11%.

Trasládase desde o porto da Illa de Arousa ata o de Vilagarcía o narcosubmarino atopado afundido nas augas galegas. Alí continuará a investigación do sumerxible para saber a quen pertencía.

O xurado declara culpable ao autor do triplo crime de Valga e poderíase enfrontar á cadea perpetua.

Frustran un intento de fuga do cárcere de Monterroso. O preso aproveitou o traslado que tiña que facer para realizar unha actividade formativa para comezar a correr para intentar fuxir, pero foi apresado polos funcionarios.

C. Tangana será o autor do himno do centenario do Celta. Así o anunciaron a través dunha lona cun chío do cantante respondendo a unha enquisa sobre quen cría a xente que ía a ser o autor do himno.

Comentarios

Deixar un comentario