DIRECTO: INCENDIOS FORESTAIS| O lume atópase ás portas de Oviedo

DIRECTO: INCENDIOS FORESTAIS| O lume atópase ás portas de Oviedo

O norte de España está vivindo unha vaga de incendios. En Asturias hai un total de 121 incendios forestais repartidos en 35 concellos. Hai un total de 375 desaloxados e está ardendo o monte Naranco nas proximidades de Oviedo.

Directo

22.31

O INCENDIO DO MONTE NARANCO, CONTROLADO| A área de Seguridade Cidadá do Concello de Oviedo confirmou que o incendio declarado de madrugada no monte Naranco xa está controlado. Quedan os bombeiros de Oviedo do turno de día vixiando.


20.32

96 FOCOS ACTIVOS EN ASTURIAS| O Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias(SEPA) contabiliza 96 incendios forestais en Asturias. Valdés continúa sendo o concello no que se concentran as labores de extinción.


20.31

REDÚCENSE OS FOCOS DO NARANCO| Dos doce focos que se declaraban onte a noite só quedan activos dous.


19.09

GALICIA COLABORA CON ASTURIAS| Un operativo composto por distintos medios anti incendios partiu este venres de Galicia con destino Asturias para colaborar nos traballos de extinción dos incendios. O operativo está composto por tres brigadas, un axente, un técnico e dúas motobombas, todos eles pertencentes ao Servizo de prevención e extinción, informou Medio Rural


19.07

TRES ESTRADAS AUTONÓMICAS PECHADAS EN ASTURIAS| Continúan pechadas tres estradas autonómicas por culpa dos incendios.


18.33

“EVITA SAÍR DA CASA”| A Directora de Saúde Pública do Principado de Asturias, Lidia Clara Rodríguez, aconsellou hoxe aos veciños que saian das súas vivendas o mínimo posible e que se usen máscaras FFP2 en caso de ter que facelo. Esta recomendación prodúcese pola alta contaminación que hai na comunidade.


17.43

TRANSPORTE SUSPENDIDO| O Principado de Asturias suspende os plans de transporte especial aos Lagos de Covadonga.


17.15

AS CHUVIAS CHEGARÁN MAÑÁ| Ao longo desta noite entrarán precipitacións que axudarán na extinción dos incendios.


17.04

NIVEIS DE RISCO| Estes son os niveis de risco de incendios nestes momentos en Asturias.

Niveis de risco de incendio. AEMET

17.03

Reaberto o tráfico ferroviario en Cadavedo.


16.57

O 112 de Asturias recomenda á poboación da zona afectada que, se o lume é pequeno, o ataque.


16.51

EXTINGUIDO O INCENDIO DE BALEIRA (LUGO)| Queimou 1400 hectáreas, 1100 de monte raso.


16.38

ARDE NAS PROXIMIDADES DE OVIEDO| A primeira hora da mañá, os veciños de Oviedo atopáronse con todo o monte Naranco ardendo. Este incendio provocou que os veciños da zona de Lillo quedaran sen suministro de auga.

Arde o monte Naranco. EFE

16.34

Boas tardes, comezamos un seguimento especial sobre a situación dos incendios forestais no norte de España.

Comentarios

Deixar un comentario