Xoán Carlos I vai estar do 19 ao 23 deste mes en Sanxenxo porque na localidade galega vaise celebrar a Copa de España de Vela.
Polo menos 56 persoas morreron e máis de 500 quedaron feridas nos enfrontamentos armados que comezaron este sábado entre o grupo paramilitar Forzas de Apoio Rápido (FAR) e o Exército sudanés. Esta acción produciuse no medio das negociacións para alcanzar un acordo político definitivo que leve o Sudán a unha transición democrática, un acordo cuxa firma foi posposta en dúas ocasións este mes de abril precisamente polas tensións e rivalidades entre o Exército e as FAR.
Falece un mariñeiro en Terranova a bordo do ‘Vila Nores’, propiedade da armadora do ‘Vila de Pitanxo’.
O remolque dun camión espétase contra un paso elevado na A-6 e a carga cáelle encima a un vehículo.
Folga indefinida de médicos: os facultativos reclaman melloras nas súas condicións laborais.
Folga no transporte o 27 e 28 de abril. Se non se atenden as súas demandas pasará a ser indefinida a partir do 8 de maio.
A CRTVG convoca folgas para os días 25 de abril e 12 e 28 de maio. Estas últimas datas coinciden co inicio da campaña electoral e co domingo no que se celebrarán as eleccións autonómicas e municipais.
Alemaña fecha as últimas centrais nucleares do país.
Impugnan o censo de Crecente (na provincia de Pontevedra) por un “anómalo” crecemento da poboación cando, realmente, estaríaa perdendo.
Morren o piloto Julio Castrillo e o copiloto Francisco Javier Álvarez nun accidente no Rally Villa de Tineo, en Asturias.
Beatriz Flamini bate un record e permanece 500 días nunha cova.
O Planeta de Hoxe en Día Música publicou o seu primeiro programa en YouTube.
A Estrada
Recollen donativos para axudar a unha familia que o perdeu todo no incendio da súa casa en Santeles o pasado mes de marzo.
Deteñen a un home por conducir de forma perigosa polo casco urbano sextuplicando a taxa permitida de alcohol en sangue. Cando a policía local doulle o alto, douse á fuga.

Deixar un comentario