Sudán é un estado no que a democracia parece estar prohibida, e así o demostraron os últimos acontecementos.
Era sábado, e 15 de abril. E o que levaba ameazando con suceder finalmente sucedeu: os conflitos armados volveron ás rúas do país. Pero, por que pasou?
Para comezar imos poñer o contexto: Sudán viviu durante 30 anos nunha ditadura. En 2018 comezou unha revolta popular que culminou cun golpe de estado o 11 de abril de 2019. O golpe de Estado douno o ministro de Defensa e prometeu que se realizaría unha transición democrática. E así foi, ata que en 2021 douse outro golpe de Estado. No goberno que saíu deste golpe de Estado temos ás dúas persoas claves na situación actual: Abdefatá al Burhan, líder do Exército, e Mohamed Hamdan Dagalo, tamén coñecido como Hemedti, que é o líder das Forzas de Apoio Rápido, unha organización paramilitar.
O país comezou un novo proceso de transición democrática, pero as tensións surxidas entre ambos líderes pola unificación do exército fixeron que os acordos non se puideran firmar en prazo. As ameazas verbais pasaron a ser un despregamento non autorizado das Forzas de Apoio Rápido e no posterior conflito armado que comezou o sábado 15.
Deste xeito púxose fin a un desexado novo intento de conseguir a liberdade do pobo sudanés.


Deixar un comentario