RESUMO SEMANAL 23/04/2023| Complícase a situación en Sudán

RESUMO SEMANAL 23/04/2023| Complícase a situación en Sudán

Comeza o resumo semanal do PHDnoticias.

Complícase a situación no Sudán: todos os países están evacuando aos seus cidadáns e persoal diplomático do país, o pasado luns atacaron ao embaixador da Unión Europea no país cando estaba na súa casa e 2000 sudaneses xa cruzaron a fronteira con Sudán do Sur. Podes ver por que comezou esta situación no noso ‘REPOR’.

Traxedia nun restaurante en Madrid. Un incendio que se propagou rápidamente polas paredes e teito deixou dous falecidos.

O Rei Xoan Carlos I estivo varios días en Sanxenxo. Aproveitou para navegar, sempre que o tempo o permitiu, no Bribón.

Joaquín anuncia a súa retirada despois de 23 anos como futbolista profesional, onde conquistou 3 Copas do Rei.


Comentarios

Deixar un comentario