Resumo semanal 30/04/2023

Resumo semanal 30/04/2023

Comeza o último resumo semanal do mes.

Primo de Rivera foi exhumado do Val dos Caídos. O seu corpo atópase actualmente no Cemiterio de San Isidro. Este sábado un grupo de falanxistas realizoulle unha homenaxe en dito cemiterio.

O presidente da Deputación de Ourense foi multado por ir a máis de 200km/h pola autopista. Terá que declarar o 9 de maio.

Detido un home por un atropelo múltiple en Madrid. Morreron dous anciáns.

O Barbanza maniféstase contra a mina de San Finx, dado que a súa reapertura provocaría verteduras de toxinas na Ría de Muros-Noia.

Samuel Tato, judoka do Judo Club Base da Estrada, converteuse este sábado en subcampión nacional na categoría de 60kg.

Este luns comeza a Volta a España Feminina, que contará coa participación do equipo galego Farto.

O rei emérito tería outra filla máis que se chama Alexandra. Sería froito dunha relación cunha aristócrata.

Calor extraordinaria para un mes de abril: esta semana rozáronse os 40 graos no sur de España.

Comentarios

Deixar un comentario