Comeza o resumo semanal do PHDnoticias.
Carlos III foi coroado como rei de Reino Unido e da Commonwealth. A cerimonia contou con 2000 invitados entre os que había autoridades de todo o planeta.
O Real Madrid gañou a súa vixésima Copa do Rei tras quedar 2-1 contra o Osasuna.
Faleceu Arsenio Iglesias, o mítico adestrador do Depor que conquistou a Copa de 1995.
Desconvocada a folga do transporte galego tras a chegada dun acordo. Nese acordo estipúlase que se continuará negociando.
O alcalde de Ourense pediulle a dous funcionarios que asumisen unha multa súa en Vigo para que el non perda votos nas eleccións. Finalmente outra persoa identificouse como a condutora do vehículo.
Un ideólogo de Putin sobrevive a un atentado. O suposto autor do atentado está detido.
Ataque cun dron ao Kremlin. Rusia acusa a Ucraína do ataque e de intentar matar a Putin.
O grupo Wagner ameaza a Putin de retirarse de Ucraína se non reciben máis armas.
Rusia celebrará o 9 de maio o Día da Victoria cun desfile militar e discurso de Putin.
Un rapaz de 13 anos mata a 8 compañeiros e a un garda de seguridade no seu colexio de Belgrado.
Morre unha promesa do kárate español por unha parada cardiorrespiratoria no VIña Rock Festival.
E antes de rematar, un último apuntamento, para a semana non haberá Resumo semanal.


Deixar un comentario