Debate electoral na Estrada

Debate electoral na Estrada

Esta tarde celebrouse no Concello o debate electoral da Estrada. José López Campos (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco Casais (Móvete) debateron sobre diferentes asuntos de preocupación para á cidadanía.

No apartado de rural, o candidato do PP indicou a súa “boa xestión” durante o último goberno, destacando o “investimento récord” desta última lexislatura. Mentras, a oposición volveu criticar os bacheos exprés, as cunetas sen desbrozar e os cables que caen de forma frecuente.

No bloque de benestar social, a oposición solicitou melloras nos servizos municipais, entre os que destaca o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que mantivo importantes tensións polas malas condicións laborais. Tamén solicitaron a creación de espazos para a cidadanía no vello ambulatorio.

En materia de economía e desenvolvemento, goberno e oposición coincidiron na necesidade da ampliación do polígono de Toedo que, segundo o PP, “realizaráse a partir de 2024”. A oposición tamén mostraron a súa preocupación polo previsible descenso da poboación e a mala situación do comercio. López Bueno tamén lembrou que o Concello debe 10 millóns de euros. O alcalde tamén lembrou que o vindeiro ano comezará a construcción da autovía, que segundo Reices, “rematará en Teo”.

No último bloque, o de servizos públicos e competencia municipal, os partidos da oposición criticaron os problemas do SAF, a falta de aprobación dos presupostos deste ano- pese a que o PP ten maioría absoluta-, a ausencia de banda ancha no rural, a tardanza dos trámites á hora de poder construír unha vivenda e os problemas na recollida do lixo. López Campos destacou que A Estrada ten o mellor centro de saúde de España.

Comentarios

Deixar un comentario