O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou varios concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Na Estrada acompañou a Luis López Bueno na presentación do seu proxecto estrela: a cesión gratuíta do vello ambulatorio para, previa reforma, albergar os servizos que xa se ofrecen a nivel municipal, pero ampliando prazas. Tamén trasladou a Besteiro a súa proposta de humanizar a N-640 ao seu paso polo casco urbano e reclamou unha solución por Liñares.
En Lalín, o delegado reivindicou as “grandes inversións” do Goberno no concello. Acompañado pola condidata Alba Forno, visitou a Praza de Abastos que se vai reformar con 1 millón de euros dos fondos de recuperación “que conseguiu Pedro Sánchez de Europa”. Ademais, sinalou que a reforma foi pactada durante o goberno de coalición e que é unha medida “moi agardada” polos praceiros. Tamén lamentou que Lalín “perda oportunidades únicas” para reformar a piscina vella ou o pavillón.
En Cerdedo-Cotobade desprazouse ata a ponte de Pedre, onde o pasado decembro produciuse un tráxico accidente de autobús, para ratificar o seu compromiso para reforzar a seguridade vial na N-541 nun tramo de 17km entre Cerdedo-Cotobade e Forcarei.


Deixar un comentario