A Policía Local da Estrada frustrou esta fin de semana o intento de suicidio dunha muller duns cuarenta anos en San Pedro de Ancorados. A voz de alarma foi dada polos veciños, que escoitaron os berros do marido.
Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local que se atopaba de servizo e, ando chegaron, viron á muller intentando cortarse o pescozo cun coitelo de grandes dimensións. Os axentes conseguiron quitarlle o coitelo. A muller saiu ilesa e foi trasladada ao hospital.
O marido, ao parecer, atopábase baixo os efectos do alcol e caera polas escaleiras.
Este non foi o primeiro intento de suicidio da muller. Fai 15 días intentara facelo disparándose na boca cunha escopeta de balíns, que lle causaran lesións no paladar.
024
Teléfono de prevención de suicidios


Deixar un comentario