O BNG criticou que o goberno do PP “non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio”, poñendo como exemplo os casos da Torre e do Pazo de Guimarei e da pérgola da Alameda, actualmente sita na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.
Por iso, o partido nacionalista comprometeuse a sacar os edificios de Guimarei citados anteriormente “da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada”.
Pero tamén poñen o foco na casa de Marcial Valladares en Berres, dado que cren que a casa do autor de Maxina ou a filla espúrea “pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense”.


Deixar un comentario