O convoi do grupo Wagner xa se atopa a menos de 400 quilómetros de Moscova, despois de que lle declararan a guerra ao Ministro de Defensa.
Dada a situación, está activo o “plan antiterrorista” e está pechada a M-40. Os militares foron despregados no país e, segundo a intelixencia militar ucraína (GUR), “Mosclva prepárase para un asedio”.
“Moscova está practicamente illada polas forzas policiais e as unidades militares”. “Hai patrullas en cada cruce e nas saídas da cidade” e “un gran número de autobuses sen matrícula ou inscricións con homes armados no seu interior circulan pola cidade”, engade a GUR.
Segundo esta mesma fonte, o equipamento militar que se atopaba nas rexións fronteirizas está sendo trasladado á capital rusa e hai postos de control vixiados con armas en todas as saídas da autopista. Ademais, informan, as autoridades rusas teñen permiso para “escoitar calquera conversa e revisar a correspondencia, levar a cabo detencións e cacheos e acceder a oficinas e vivendas”.
A BBC informou que os edificios públicos da cidade están sendo desaloxados.
Posible fuxida de Putin
Con este escenario, difundiuse a través das redes sociais o rumor de que Putin tería fuxido de Moscova e iría dirección San Petersburgo. O goberno ruso negouno.


Deixar un comentario