4K acusa de mafia á AE League

O 4K anunciou nun comunicado que non van xogar o partido polo terceiro e cuarto posto tras o escándalo arbitral. En dito comunicado denuncian que no partido de onte a AE League vetou ao presidente do equipo tras “queixarse ‘inxustificadamente’ nos últimos partidos e no sorteo, ademais dos intentos de expulsión dos xogadores Yago Camiña, Pablo Álvarez, David Silva e Fran Dapena totalmente inxustificados”.

No comunicado, proseguen explicando que o primeiro partido no que houbo polémica foi contra o Olímpico Estradense, no que “se lle perdona un cartón vermello a Anxo Barbosa por ser amigo do árbitro”. Tamén acusan ao colexiado de favorecer ao Los Soldadores e, no partido de onte, de pitar “faltas inxustificadas” e “2 expulsións sen sentido”, ademais de realizar un tempo engadido “desproporcionado que daba a sensación que era ata que o outro equipo marcase”. Engaden que preguntáronlle ao árbitro cando podería saír un xogador e este díxolles que podería no minuto 48, pero pitou o final no 47:59.

Desde 4K comprenden que “os árbitros son novatos e equivócanse, pero non poden equivocarse sempre para o mesmo lado e casualmente en partidos de equipos da Estrada”. Tamén lamentan que o partido máis esperado da AE League fose manchado por un escandalo arbitral.

Para finalizar o comunicado, anuncian que se retiran da AE League regalándolle o terceiro posto ao Olímpico Estradense, que non pagarán a débeda coa “liga corrupta” e que o seu xogador Marcos Lesta non recibirá o premio Pichichi.

Comentarios

Deixar un comentario