1500 comensais na Festa do Lacón de Silleda

Este xoves darán inicio as Festas de Verán en Silleda, nas que o protagonista será o lacón. O venres poderáse desfrutar do lacón grazas á Asociación Cultural O Lacón na praza Juan Salgueiro. Esta cita gastronómica contará con 1.500 comensais.

Programa das festas

XOVES 6 DE XULLO

22.00h // III Lacón Rockstars (praza Siñor Afranio).

Actúan Berty and The Jeremys, Sagafuga, Recambios Tucho e Another Wasted Year.

VENRES 7 DE XULLO. Festivo local

12.00h// Degustación do Lacón (Praza Juan Salgueiro).

Actúan Aires do Trasdeza, Grupo de Acordeóns Escola de Música de Silleda e Grupo de Gaitas Escola de Música de Silleda.

15.00h// Torneo Kids League 3X3 (Estadio Outeirio-Joselu Mato).

20.00h// Concerto da Banda de Música Xuvenil de Silleda (Praza Juan Salgueiro).

22.00h// XXIII Festa do Lacón (Praza Juan Salgueiro).

01.00h// Verbena a cargo de La Misión e Discoteca Móvil Chocolate (Rúa Pintor Colmeiro).

SÁBADO 8 DE XULLO

// Pasarrúas a cargo da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira e posterior concerto (13.30h, Avenida do Parque)

12.00h// Sesión vermú coa charanga BB+ e Batuacada Os Vikingos.

17.30h// Actuación de Con Tom e Son polas rúas principais.

18.30h// Animación a cargo de Charanga BB+ e Batucada Os Vikingos.

20.00h// Concerto da Banda de Música Municipal de Silleda (Praza Siñor Afranio).

23.00h// Verbena a cargo de Charanga BB+, Grupo Tentaciones, DJ Carlos López e DJ Calwin.

DOMINGO 9 DE XULLO

// Pasarrúas e concerto da Banda Municipal de Música de Silleda (Avenida do Parque).

12.30h// Misa solemne cantada pola Coral Polifónica Trasdeza. Posteriormente, concerto da Banda Municipal de Música de Silleda (Praza da Igrexa).

18.00h// Gynkana para os máis cativos no entorno da praza Juan Salgueiro.

19.30h// Concerto da Banda de Música de Vilatuxe e da Banda de Municipal de Música de Silleda (Praza Siñor Afranio).

22.00h// Actuación de Grupo Supermiarafiori e DJ Marcos Kintana (Avenida do Parque).

00.00h// Fogos de artificio.

Cortes de rúas

Desde o xoves permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Pintor Colmeiro, Progreso -onde tampouco se poderá estacionar-, Antón Alonso Ríos, Castrelo, Cartaxena e Emilio Alonso Paz. Esta última reabrirá só o sábado.

O venres desde ás 00.00h ata a madrugada e o sábado desde ás 22.00 tamén se cortará o tráfico na rúa Venezuela. A Avenida do Parque permanecerá pechada o sábado pola mañá e o domingo.

Comentarios

Deixar un comentario