Un veciño de Melide de 56 anos morreu este domingo na parroquia de Botos (Lalín) ao ser atropelado por un tren de alta velocidade. Tal e como informa a Garda Civil, chegou ata o lugar conducindo un vehículo da súa propiedade, levantou a verxa que impide o paso ás vías do tren e tirouse ao paso do convoi. O accidente foi ás 18.30h.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 que só puideron confirmar o deceso do varón. Tamén foron movilizados o GES de Lalín, Protección Civil e a Garda Civil.
Debido a este accidente, foi necesario cortar as dúas vías entre A Grandeira e o Irixo e víronse afectado o servizo de alta velocidade entre Vigo e Madrid Chamartín e os trens que circulaban entre A Coruña e Ourense.
Deixar un comentario